Actuación conxunta ISCIII-CDTI

Innovacións en medicina personalizada e terapias avanzadas

O Consello de Ministros do 30 de novembro de 2021 aprobou o Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica para a Saúde de Vangarda (PERTE de Saúde), que se concibe como unha proposta nacional de interese xeral para o conxunto da economía e para a sociedade.

Co PERTE de Saúde, preténdese impulsar o emprego de calidade e mellorar a saúde da poboación española a través do coñecemento científico, a innovación sanitaria de vangarda e os datos como vectores de transformación.

No marco do PERTE, esta actuación conxunta entre o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) persegue coordinar as capacidades científicas coas empresariais para avanzar máis rapidamente no desenvolvemento de produtos de diagnóstico clínico co fin de implementar medicina personalizada e medicamentos estratéxicos emerxentes. Os esforzos investigadores e innovadores do ecosistema público-privado no ámbito da saúde oriéntanse cara aos seguintes retos:

  • Diagnóstico precoz e máis preciso.
  • Tratamentos innovadores e personalizados.
  • Mellora do seguimento e a rehabilitación das enfermidades crónicas.

Máis información: Descritores temáticos.

Esquema de funcionamento e proxectos financiables

Financiaranse proxectos de I+D conxuntos nos que participarán empresas e centros e organismos de investigación do ámbito do Sistema Nacional de Saúde (SNS). Serán susceptibles de financiamento os proxectos destinados a xerar un resultado de aplicabilidade industrial ou empresarial.

Aínda que se trata de proxectos en colaboración, o financiamento concederase de xeito separado a cada beneficiario, en procedementos distintos por parte do CDTI e do ISCIII.

Esta actuación lévase a cabo mediante unha primeira expresión de interese que recolle a descrición do proxecto conxunto entre empresas e organismos e centros de investigación públicos do SNS, e cadansúas solicitudes de axuda ao CDTI e ao ISCIII respectivamente, para o financiamento de cada parte do proxecto conxunto.

  1. A expresión de interese:
  • É un resumo do proxecto conxunto no que se especifican as actividades realizadas por cada participante, así como o orzamento asociado.
  • Actúa de paraugas para a colaboración: todas as entidades participantes que integran o consorcio deberán presentar unha declaración de compromiso de participación no proxecto.
  • Non é unha solicitude de axuda, pero si un requisito indispensable para poder acceder a unha.
  • Debe estar formalizada con anterioridade á presentación de calquera solicitude.
  • A expresión de interese preséntana as empresas na sede electrónica do CDTI.
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 23 de setembro ao 26 de outubro de 2022.

   2. As solicitudes de axuda:

  • Cada entidade participante na expresión de interese debe realizar a solicitude de axuda no organismo financiador correspondente e nos prazos fixados para cada instrumento: os organismos e centros de investigación públicos do SNS no ISCIII e as empresas no CDTI.
  • O código de presentación da expresión de interese deberá incorporarse nas solicitudes de axuda.
  • O CDTI e o ISCIII avaliarán independentemente as súas solicitudes, segundo os criterios establecidos nos seus respectivos instrumentos de axuda.
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE AXUDA DO ISCIII: do 6 ao 26 de outubro.
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE AXUDA DO CDTI: ata o 4 de novembro, trala presentación da expresión de interese.
  • CONVOCATORIA do ISCIII
  • FICHA DA AXUDA do CDTI

   3. A concesión da axuda:

  • Só se financiarán aqueles proxectos nos que todos os participantes obtivesen axuda: os organismos e centros de investigación públicos do SNS por parte do ISCIII e as empresas por parte do CDTI.
  • Todos os integrantes da expresión de interese deberán ter confirmado o seu financiamento para que o proxecto no seu conxunto sexa viable.
  • A colaboración entre os integrantes da expresión de interese deberase manter durante toda a execución do proxecto. Esta colaboración consolidarase a través dun acordo de consorcio que se presentará seis meses despois da concesión das respectivas axudas.
  • Cada participante realizará a xustificación do proxecto no organismo onde solicitase o financiamento.
  • Se o CDTI ou o ISCIII detectan que non se mantivo a colaboración reflectida na expresión de interese, esixirase o reintegro da axuda aos seus beneficiarios.

Información adicional

Informe de actuación conxunta ISCIII-CDTI