TAFTIE
TAFTIE é a asociación, creada en 1992, que agrupa ás principais axencias nacionais de innovación europeas. Os seus membros contribúen dun modo relevante á consolidación económica de Europa apoiando a innovación en produtos, procesos e servizos e implementando total ou parcialmente as políticas de investigación, desenvolvemento e innovación nos seus respectivos países.
A asociación representa as opinións dos seus membros de face aos responsables europeos de política de I+D+i. Unha das pedras angulares da misión de TAFTIE é a activación e intensificación da súa cooperación coa Comisión Europea.
TAFTIE é tamén un foro para o intercambio e a cooperación entre os seus membros. Dálles a oportunidade de axudarse mutuamente e facilitar o establecemento e consolidación dunha rede de colaboración internacional entre as axencias asociadas e os centros de investigación dos seus respectivos países. Organiza grupos de traballo, seminarios e conferencias e os seus membros desenvolven proxectos importantes no ámbito do I+D+i europea, como a participación en proxectos cofinanciados do Programa Marco.
TAFTIE reúne a experiencia no deseño e execución de programas públicos de innovación. Neste contexto, a asociación actúa como centro de coñecemento para os seus membros a través da creación, execución e estímulo de programas relacionados coa innovación.
O CDTI, como axencia clave no sistema de innovación nacional español, é membro activo de TAFTIE e participa nas súas iniciativas e grupos de traballo máis relevantes.