Quen somos
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) é unha Entidade Pública Empresarial (E.P.E), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas.
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) é unha Entidade Pública Empresarial (E.P.E), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas, desenvolvendo programas e instrumentose canalizando as solicitudes de axuda e apoio aos proxectos de I+D+i de empresas españolas nos ámbitos estatal e internacional, contribuíndo así á capacitación e á mellora do nivel tecnolóxico das empresas españolas mediante as seguintes actividades:
- Avaliación técnico-económica e concesión de axudas públicas á innovación mediante subvencións ou préstamos cun tramo non reembolsable a proxectos de I+D desenvolvidos por empresas.
- Xestión e promoción da participación española en programas internacionais de cooperación tecnolóxica.
- Promoción da transferencia internacional de tecnoloxía empresarial e dos servizos de apoio á innovación tecnolóxica.
- Apoio á creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica.
A sede central do CDTI está situada en Madrid e, ademais, conta cunha rede estratéxica de oficinas ou representantes no exterior (denominadas Oficinas SOST, Spain Office of Science and Technology) a disposición das entidades españolas para a súa actividade no ámbito internacional, situadas en 10 países (Xapón, Corea do Sur, China, India, EEUU, Marrocos, Chile, Brasil, México e Bélxica) e que dan cobertura a un total de 51 territorios no ámbito global.
Funcións do CDTI
O CDTI réxese polo dereito privado nas súas relacións con terceiros. Isto permítelle ofrecer ás empresas axilidade e flexibilidade.
O CDTI réxese polo dereito privado nas súas relacións con terceiros. Isto permítelle ofrecer ás empresas axilidade e flexibilidade nos seus servizos de apoio ao desenvolvemento de proxectos empresariais de I+D, á explotación internacional de tecnoloxías desenvolvidas pola empresa e á realización de ofertas para subministracións tecnolóxico-industriais a organizacións científicas e tecnolóxicas.
En consecuencia, o CDTI concede á empresa axudas económicas propias e facilita o acceso á de terceiros (Subvencións do Programa Marco de I+D da UE, por exemplo) para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento tanto nacionais como internacionais.
Así mesmo, presta apoio á empresa para desenvolver en cooperación internacional, para o que ofrece axudas a proxectos de innovación e transferencia de tecnoloxía, a súa rede exterior e os proxectos de cooperación multilaterais (Eureka e Iberoeka) e bilaterais con Canadá, Xapón, China, Corea do Sur, India e Sudáfrica.
Adicionalmente, o CDTI foi habilitado como órgano competente para emitir informes motivados vinculantesdos proxectos aos que concedese axudas en calquera das súas liñas (Real Decreto 2/2007). Estes documentos proporcionarán ás empresas españolas que teñan un proxecto aprobado e con axudas públicas concedidas polo CDTI unha maior seguridade xurídica á hora de obter desgravacións fiscais polos gastos incorridos nas actividades de I+D dos este proxectos.
Finalmente, o CDTI xestiona e apoia a consecución, por parte de empresas españolas, de contratos industriais de alto contido tecnolóxico xerados por diferentes organizacións nacionais e europeas, como o Laboratorio Europeo para a Física de Partículas (CERN), o Sincrotrón Europeo (ESRF) ou o Observatorio Europeo Austral (ESO), entre outras.