Valoración do CDTI
O CDTI recolle dende 2011 a opinión das empresas ás que apoia cunha enquisa de satisfacción que estas cobren cando finalizan o seu proxecto e na que valoran unha serie de conceptos relativos ao apoio recibido do centro. Esta enquisa realízase co obxecto de considerar a opinión da empresa á hora de perfeccionar os nosos programas e servizos.
As opinións das empresas (valoracións de 0 a 5) indican que o seu nivel de satisfacción global creceu nos últimos anos de forma clara, pasando do 3,94 no período 2010-2012 ao 4,27 no período 2019-2022.
Estas valoracións das empresas constitúen un estímulo para o centro e unha ferramenta no seu labor de perfeccionamento dos seus servizos á empresa innovadora española.
No apartado 2 (O CDTI na I+D+i española) dos informes de actividade anual do CDTI do ano 2015 e seguintes publícase máis información desta sondaxe.