Axudas e Servizos
O CDTI ten a condición de axente de financiamento do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación no ámbito da Administración Xeral do Estado, conforme á Lei 14/2011 do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación. Entre outras funcións, encárgase de xestionar os programas ou instrumentos que lle asigne o Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica, fundamentalmente no marco da I+D+i empresarial.
Na parte inferior desta páxina están dispoñibles os buscadores para atopar a axuda que mellor se adapte ás necesidades da empresa.
Calendario de convocatorias
Información sobre las fechas más relevantes de las convocatorias abiertas
Financiamento I+D+I
Permite asesorar e orientar á empresa en profundidade na preparación dunha solicitude de axuda ao CDTI se se considera que pode ser beneficiaria dela.
Este acceso realízase a través da aplicación de solicitudes do CDTI, polo que as empresas deben estar dadas de alta no sistema. En caso de que non sexa así, o primeiro paso será darse de alta no sistema.
Internacionalización de proxectos I+D
A participación en programas de cooperación tecnolóxica internacional permite ampliar a base de coñecemento dos participantes, colaborar con líderes tecnolóxicos, xestionar proxectos dende unha perspectiva global ou facilitar a entrada en novos mercados.
Fondos europeos
Os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (Fondos EIE), xestionados conxuntamente pola Comisión Europea e os países da UE, destínanse a investir na creación de emprego e nunha economía e un medio ambiente europeos sostibles e saudables.
Otros servicios
O CDTI ofrece unha serie de servizos de asesoramento e apoio ás empresas para impulsar a actividade de I+D+i en España.