PROXECTOS APROBADOS

proyectos aprobados

 

Co fin de favorecer a transparencia, participación e colaboración cidadá e contar así cun goberno máis aberto, a Administración Pública pon a disposición de calquera persoa ou organización, de forma libre, determinados datos para que poidan ser reutilizados en accións que deriven na consecución de novos datos, coñecementos, mellores procesos, valor engadido a procesos existentes ou novos servizos.  

A iniciativa Datos Abertos en CDTI réxese polo Plan de medidas de Impulso da Reutilización publicado na sección "Normativa RISP", onde ademais se refire o marco legal da Reutilización da Información do Sector Público (RISP), así como o Aviso legal tipo que ampara a reutilización dos recursos de información ofrecidos. 

Polo anterior, desde aquí ofrécese ao cidadán detallada información sobre os  proxectos aprobados polo CDTI. O seu formato tratable permite a súa análise e o da actividade de apoio e impulso ao I+D+i empresarial do CDTI.   

A incorporación de novos proxectos é continuada, conforme se produce a aprobación mensual de proxectos no Consello de Administración do CDTI.    

No caso dos proxectos de convocatoria permanente -os de axuda tipo préstamo-, a aprobación supón un compromiso de achega económica co que as axudas pasan a considerarse como concedidas cando CDTI e empresa beneficiaria asinan un contrato que regula os termos da axuda comprometida.   

Datos abertos Proxectos de I+D+i

Datos abertos convenios e compras