Programa Innvierte
O programa INNVIERTE forma parte da Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e de Innovación, aprobada por Acordo do Consello de Ministros, o 1 de febreiro de 2013. Esta Estratexia contén os obxectivos, as reformas e as medidas que deben adoptarse en todo o ámbito do I+D+i co fin de impulsar o seu crecemento e impacto, e é un dos alicerces sobre os que se asenta o deseño da política do Goberno en I+D+i para os próximos anos.
O programa INNVIERTE persegue promover a innovación empresarial mediante o apoio ao investimento de capital risco en empresas de base tecnolóxica ou innovadoras.
- O programa instruméntase a través da sociedade de investimento colectivo de tipo pechado INNVIERTE Economía Sustentable SICC S.M.E., S.A., auto xestionada e sometida á supervisión da Comisión Nacional do Mercado de Valores
O CDTI-E.P.E, como promotor do programa INNVIERTE, é actualmente o accionista único desta sociedade.
Estratexia
En 2012, o CDTI puxo en marcha o programa INNVIERTE co obxectivo de estimular o investimento en empresas tecnolóxicas e innovadoras españolas. O programa tenta resolver dous problemas do sistema español de innovación:
- En primeiro lugar, a deficiente translación do coñecemento xerado nos organismos de investigación ao tecido produtivo. España realizou un enorme esforzo investidor en ciencia e coñecemento que non se concreta de maneira suficiente na creación de valor no tecido produtivo. As empresas de base tecnolóxica son un dos vectores para conseguir a dita transferencia de coñecemento.
- En segundo lugar, a dificultade das empresas tecnolóxicas e innovadoras españolas para crecer e converterse en actores relevantes dos mercados globais.
INNVIERTE pon a énfase en favorecer a creación dun ecosistema especializado que non só cubra o financiamento das diferentes fases do ciclo de vida das empresas, senón que dea soporte ás súas necesidades de xestión, coñecemento de tecnoloxía e acceso a líderes internacionais.
Liñas de acción actuais
En 2019 o programa INNVIERTE puxo en marcha unha iniciativa de coinversión aberta a investidores regulados por CNMV como son as entidades de capital risco e as sociedades de investimento, pero tamén contempla a posibilidade de apoiar a investidores profesionais no sentido que determina o RD 1464/2018, onde teñen espazo por exemplo os investidores corporativos. Pódense consultar as condicións que establece o procedemento de homologación así como o contido do Acordo de Coinversión a formalizar con Innvierte. Se es unha empresa tecnolóxica interesada en pechar unha rolda de capitalización, podes consultar a listaxe de investidores homologados cos que xa se formalizou o Acordo de Coinversión.
En 2021 tamén apoiaron 3 vehículos de capital risco especializados en Transferencia de Tecnoloxía con masa crítica suficiente para poder impulsar os proxectos nos que invistan nas diferentes etapas de desenvolvemento empresarial ás que se enfrontan durante o seu crecemento. Podes consultar a sección da web de Transferencia de Tecnoloxía.
En novembro de 2022 Innvierte lanzou unha nova liña de investimento en capital risco en empresas estratéxicas. Con esta iniciativa preténdese apoiar o crecemento e a consolidación de empresas tecnolóxicas e innovadoras españolas con alto potencial de crecemento económico e de carácter estratéxico para o noso país.
Liñas de acción anteriores
Desde a súa posta en marcha o programa INNVIERTE apoiou a creación de vehículos de investimento especializados en tecnoloxía, principalmente participando como investidor en entidades de capital risco reguladas por CNMV, pero tamén mediante a sinatura de acordos de coinversión con investidores corporativos interesados en impulsar investimentos en compañías tecnolóxicas con vocación de permanencia a curto/medio prazo. No momento en que se puxeron en marcha, INNVIERTE procedeu previamente a realizar consultas ao mercado en diferentes ámbitos tecnolóxicos e/ou etapas de desenvolvemento empresarial nos que detectase unha necesidade para, posteriormente, publicar un procedemento ao que o investidores interesados podían optar. Pode consultar a listaxe de investidores apoiados polo programa, moitos dos cales seguen activos e en busca de oportunidades de investimento.
Empresas interesadas en investidores privados
Coinversión Innvierte
Innvierte comenzó en 2019 una nueva iniciativa para fomentar la capitalización de empresas de base tecnológica e innovadoras ubicadas en España. Innvierte acompaña en rondas de inversión a inversores privados profesionales, previamente homologados por Innvierte, en los que delega la gestión de las empresas participadas.
Fondo de Fondos
Innvierte reactivó en 2024 la línea de inversión indirecta en formato ventanilla abierta. A través de Innvierte se participa como inversor ancla en los vehículos de inversión seleccionados para que puedan llevar a cabo su estrategia inversora.
Transferencia de tecnología
Innvierte comenzó en 2021 una nueva iniciativa para fomentar la capitalización de empresas de base tecnológica e innovadoras ubicadas en España. A través de Innvierte se participa como inversor ancla en los vehículos de inversión seleccionados para que puedan llevar a cabo su estrategia inversora.
Empresas interesadas en inversores privados
Destinado a empresas españolas tecnológicas e innovadoras, principalmente de tamaño pequeño y mediano, con alto potencial de crecimiento económico.
Innvierte Economía Sostenible SICC S.M.E, S.A.
Sociedad anónima, con el CDTI como único accionista, cuyo fin es potenciar la inversión de capital riesgo en el sector tecnológico español.