Axudas Cervera para Centros Tecnolóxicos

A finalidade deste programa é fortalecer os centros tecnolóxicos que desenvolven investigacións aplicadas en España, así como o seu papel tractor no conxunto do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.

En particular, preténdese fortalecer as capacidades destes centros en tecnoloxías estratéxicas (tecnoloxías prioritarias Cervera) mediante o traballo en rede, así como fomentar a súa capacidade de colaborar con distintos axentes, especialmente empresas, nestas tecnoloxías.

Centros tecnolóxicos participantes no Programa Cervera

Só poderán ser beneficiarias as entidades que cumpran os requisitos establecidos no Real Decreto 2093/2008 do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, e que estean inscritas neste rexistro.