PROGRAMA INNODEMANDA

compra publica

Que é INNODEMANDA?

O programa INNODEMANDA é un instrumento de financiamento de apoio á oferta tecnolóxica que concorra a procesos de compra pública de innovación. Poderase financiar ás empresas o custo da innovación tecnolóxica requirida nunha licitación pública, de tal maneira que a entidade contratante disporá de ofertas máis competitivas e facilitarase unha maior presenza de produtos e servizos innovadores na Administración.

Este instrumento é financiado e xestionado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) que proporcionará, tanto a entidades públicas contratantes como a posibles subministradores, a orientación e apoio necesarios para a identificación de potenciais compras públicas de innovación, así como para a aplicación de INNODEMANDA.

Como funciona INNODEMANDA?

O funcionamento do programa INNODEMANDA baséase nunha sincronización dos tempos planificados para unha determinada licitación pública cos tempos de solicitude, avaliación e resolución no CDTI do proxecto de I+D  que se necesita desenvolver para ofertar en tal licitación.

Para iso, a entidade contratante e o CDTI deben formalizar o denominado Protocolo de Adhesión, no que se especificarán entre outros os fitos máis significativos previstos na licitación así como os prazos de actuación, condicións e normativa aplicable para o financiamento das actividades de I+D polo CDTI.

Posteriormente, no anuncio da licitación o órgano de contratación deberá indicar que as actividades de I+D asociadas á contratación poderán ser financiadas por unha entidade financiadora, como pode ser o CDTI.

A presentación da solicitude de axuda ao CDTI por parte das empresas deberá realizarse tras a publicación do anuncio de licitación. O CDTI avaliará a proposta a través dun procedemento acelerado habilitado para o efecto e acordará, no seu caso, a concesión da axuda correspondente, de conformidade cos seus procedementos e normas internas. A decisión de CDTI comunicarase ás empresas antes da finalización do prazo de presentación de ofertas á licitación.

A seguir, os licitadores presentarán as súas ofertas ante o órgano de contratación, podendo facela máis competitiva en caso de contar coa axuda que CDTI poida concederlle. Con independencia do resultado da adxudicación, os licitadores poderán facer uso do financiamento das actividades de I+D nos termos aprobados polo CDTI.

Este instrumento iniciouse no ano 2011 (ver Artigo publicado en revístaa Perspectiva CDTI). Actualmente trabállase con potenciais novos programas e estúdanse melloras no instrumento.

Licitacións adheridas a Innodemanda