O CDTI Innovación presenta as súas liñas de axudas en Africagua 2023
O vindeiro venres, o CDTI Innovación presentará, en Africagua 2023, as súas liñas de axudas para aquelas compañías españolas innovadoras que desenvolven proxectos de I+D+i. Como Entidade Pública Empresarial dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, o seu principal obxectivo é impulsar o nivel tecnolóxico do sector empresarial español
Africagua é un evento de carácter internacional que se celebra cada dous anos. Entre os seus obxectivos principais cabe destacar o seu labor de sensibilización sobre a importancia dos recursos hídricos e enerxéticos para garantir a sustentabilidade ambiental, económica e social e promover a colaboración entre redes de contactos, expertos, institucións, organizacines e empresas vinculadas coa auga e as enerxías renovables. Outro aspecto esencial é a creación de sinerxias co continente africano.
Este ano Africagua Canarias 2023 celébrase en Forteventura co propósito de consolidar a Canarias e Fuerteventrua como un hub empresarial que facilite a interacción entre empresas, socios estratéxicos, organismos e outros actores do ámbito internacional.
Transferencia de Tecnoloxía
No ámbito da transferencia de tecnoloxía, impulsa o coñecemento e as mellores prácticas na xestión de recursos renovables, promovendo a adopción de solucións sostenigles en diferentes rexións do mundo.
Financiamento
Un aspecto destacable nesta edición é o bloque temático destinado á innovación. Na sesión titulada "Ciencia, novas tecnoloxías e solucións innovadoras para recursos hídricos e enerxéticos", María José Tomás, técnica da Dirección de Programas da UE e Cooperación Territorial do CDTI Innovación, presentará o día 24 as diferentes axudas que concede este organismo para proxectos de I+D+i no ámbito nacional e internacional.
CDTI Innovación
O CDTI Innovación é a Axencia do Ministerio de Ciencia e Innovación que apoia a innovación baseada no coñecemento, asesorando e ofrecendo financiamento público para a innovación a través de subvencións ou axudas parcialmente reembolsables para proxectos de innovación e xestionando proxectos de compra pública precomercial. A través da iniciativa Innvierte Economía Sustentable, ademais, o CDTI Innovación apoia e facilita a capitalización de empresas tecnolóxicas.
O CDTI Innovación tamén facilita a internacionalización de proxectos empresariais de I + D e innovación de empresas e entidades españolas e xestiona a participación de empresas españolas en organismos internacionais de I + D, como Horizonte Europa e Eureka, e nas industrias da Ciencia e o Espazo.
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E. (CDTI) é unha entidade pública dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Máis información:
Oficina de Prensa
prensa@cdti.es
91-581.55.00
En Internet
Sitio web: www.cdti.es
En Linkedin: https://www.linkedin.com/company/29815
En X: https://twitter.com/CDTI_innovacion
En Youtube: https://www.youtube.com/user/cdtioficial