CONVOCATORIA PÚBLICA, DO 15 DE DECEMBRO DE 2023, PARA A COBERTURA DE CATORCE POSTOS DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, NA MODALIDADE DE DURACIÓN DETERMINADA, PARA A XESTIÓN DE FONDOS FEDER (2021-2027).

O CDTI convoca o presente proceso selectivo para a cobertura de catorce prazas de carácter temporal de persoal Técnico e Administrativo, con cargo á Cota de contratación temporal 2023, polo sistema xeral de acceso libre.

Fecha de inicio de presentación de candidaturas
Fecha limite de recepción de candidaturas
Temática
Temporal
Referencia
FEDER23

 

A presente convocatoria ten a finalidade de cubrir catorce prazas de persoal laboral temporal, destinado á de xestión de proxectos asociados aos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER),  das cales doce delas son do grupo profesional Técnico e dous do grupo profesional Administrativo.

Requisitos xerais:

- Técnicos/as: Titulación Universitaria Oficial Nivel MECES 2, dentro das áreas do coñecemento de de Administración e Dirección de Empresas,  Empresariais ou Económicas e/ou áreas do coñecemento Científico-Técnico e Enxeñarías,  con polo menos dous anos de experiencia profesional en ámbito tecnolóxico e de I+D+i.

 - Administrativos/as: Formación Profesional de Grao Medio ou Superior, en especialidades aplicables ao posto (Informática de Xestión, Administración e Finanzas, Secretariado ou afín), con polo menos 3 anos de experiencia laboral en tarefas administrativas.

 

Información detallada sobre requisitos e funcións de cada praza no Portal de Emprego CDTI.

Desde a ligazón de acceso ao Portal de Emprego CDTI será redirixido a unha páxina web propiedade da UNED.