O CDTI Innovación promove a participación das empresas cántabras nas grandes instalacións científicas
O próximo 4 de abril, o CDTI Innovación participará na xornada Industria da Ciencia en Cantabria para dar a coñecer ás empresas desta Comunidade Autónoma as oportunidades que ofrecen as grandes instalacións científicas á industria cántabra deste sector
A industria da ciencia abarca un sector composto por empresas dedicadas ao deseño, fabricación, instalación e mantemento de compoñentes para as Grandes Instalacións Científicas. Este campo, cun valor estimado en máis de 40.000 millóns de euros a nivel mundial, representa unha notable oportunidade para as empresas con sede en Cantabria. Estas poden participar como provedores directos para os laboratorios, así como integrarse na cadea de subministración doutras compañías do sector.
As necesidades destas instalacións abarcan unha ampla gama de tecnoloxías, desde a fabricación avanzada (incluíndo mecanizado de precisión, soldadura avanzada e ensaios non destrutivos) ata a electrónica, sistemas de monitorización, intelixencia artificial e xestión e análise de datos.
Durante esta xornada informativa expertos e representantes de diversos organismos e empresas destacarán as oportunidades que ofrece a industria da ciencia, así como os mecanismos de apoio dispoñibles para as compañías interesadas en traballar neste sector. Ademais, compartiranse testemuños de empresas cántabras con experiencias heteroxéneas neste ámbito, ofrecendo unha visión máis completa das posibilidades e desafíos que presenta.
Participación do CDTI Innovación
Por parte do CDTI Innovación participarán Javier Echávarri, do Departamento de Grandes Instalacións e Programas Duais e Industrial Liaison Officer (ILO) de España nas organizacións ESO e SKAO, e Ana Belén do Cerro, ILO de España en F4E e ITER Organization.
As perosnas interesadas deberán inscribirse antes do próximo 3 de abril.
CDTI Innovación
O CDTI Innovación é a Axencia de Financiamento da Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas, canalizando as solicitudes de financiamento e apoio aos proxectos de I+D+i de entidades españolas nos ámbitos estatal e internacional. Contribuímos á mellora do nivel tecnolóxico das empresas españolas e impulsamos e, cunha rede internacional con cobertura de 51 países, acompañamos a participación española en programas internacionais de cooperación tecnolóxica e a transferencia internacional da súa tecnoloxía empresarial. O CDTI tamén apoia a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica en España.
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E. (CDTI) é unha entidade pública dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Máis información:
Oficina de Prensa
prensa@cdti.es
91-581.55.00
En Internet
Sitio web: www.cdti.es
En Linkedin: https://www.linkedin.com/company/29815
En X: https://twitter.com/CDTI_innovacion
En Youtube: https://www.youtube.com/user/cdtioficial
Este contido é copyright © 2024 CDTI,EPE. Está permitida a utilización e reprodución citando a fonte e a identidade dixital de CDTI (@CDTI_innovacion).