Innovation Growth Lab (IGL)
O CDTI Innovación forma parte de Innovation Growth Lab (IGL), a iniciativa global que traballa para incrementar o impacto das políticas de innovación e crecemento sobre a incorporación de novas ideas e evidencias que se proban a nivel experimental e cuxa investigación arroxa resultados de alto impacto para mellorar o deseño de programas e políticas das institucións centradas en facer que as economías sexan máis innovadoras e produtivas.
O CDTI aborda coa súa adhesión a IGL a súa estratexia e compromiso no ámbito da avaliación do impacto dos seus programas, factor esencial para os procesos de toma de decisións e para o enfoque no deseño de novos instrumentos, así como para a divulgación e comunicación asociada ao impulso e ao estímulo xerado polos seus programas para potenciais novos usuarios empresariais cuxa actividade se basea en I+D+i. Co apoio experto de IGL, o CDTI persegue converterse nunha organización máis experimental, sempre desde un enfoque realista, aliñado coa política nacional de I+D+i e contando cos integrantes do ecosistema de innovación do que forma parte.
IGL conta cun Comité Científico, formado por investigadores de primeira liña mundial, que asesora as actuacións baseadas en traballo en rede, intercambio e partenariado, combinando a investigadores especializados en determinados campos con organizacións públicas e privadas para crear contornas experimentais para as novas ideas. En concreto, as institucións políticas desenvolven e proban novas ideas de forma sistemática mediante un enfoque experimental:
- Definindo un ámbito de actuación a pequena escala
- Probando diferentes deseños de forma sistemática
- Aprendendo que é o que funciona para aumentar o impacto perseguido
- Aplicando a aprendizaxe que arroxa a actuación a pequena aos ámbitos de maior escala
O fin último destas actuacións é mellorar o traballo de toda a organización, contando coas persoas que a integran e enfocándose nas necesidades que en cada momento sexan prioritarias. A través da experimentación, amplíanse as posibilidades de acceder a evidencia empírica sobre o funcionamento e os efectos das políticas públicas e adaptalas, desta maneira, aos retos de cada momento.