O CDTI Innovación busca unha empresa española para colaborar cunha compañía marroquí nun proxecto sobre alimentación animal

A compañía marroquí INNOVX está interesada en localizar unha empresa española para desenvolver un proxecto de I+D co obxectivo de obter un alimento para uso animal que conteña fosfatos inorgánios 

BS_Marruecos2
INNOVX está participada polo grupo industrial OCP que ten o 70% das reservas mundiais de fosfato en roca

Esta compañía coñece as características, propiedades e o tratamento do fosfato pero descoñece como utilizalo para elaborar un produto para alimentación animal.     

A empresa española encargaríase da formulación do alimento (composición, características nutricionais, etc.) para que poida ser inxerido por animais. 

Na seguinte ligazón pode obter máis información.    

A proposta pode ser presentada á convocatoria de I+D denominada Proxectos de Certificación e Seguimento UNILATERAL que permanecerá aberta este ano.

Para obter información adicional sobre o alcance técnico da proposta e o rol da empresa española, poden contactar con: Sr. Salaheddine KABA (Salaheddine.kaba@innovx.ma

Máis información da convocatoria:

 

CDTI Innovación

O CDTI Innovación é a entidade pública de financiamento da innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas, canalizando as solicitudes de financiamento e apoio aos proxectos de I+D+i de entidades españolas nos ámbitos estatal e internacional. Contribuímos á mellora do nivel tecnolóxico das empresas españolas e impulsamos e, cunha rede internacional con cobertura de 51 países, acompañamos a participación española en programas internacionais de cooperación tecnolóxica e a transferencia internacional da súa tecnoloxía empresarial. O CDTI tamén apoia a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica en España.
 
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E. (CDTI) é unha entidade pública dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

 

Máis información:

Oficina de Prensa
prensa@cdti.es
91-581.55.00

En Internet
Sitio web: www.cdti.es
En Linkedin: https://www.linkedin.com/company/29815
En X: https://twitter.com/CDTI_innovacion
En Youtube: https://www.youtube.com/user/cdtioficial

Este contido é copyright © 2024 CDTI,EPE. Está permitida a utilización e reprodución citando a fonte e a identidade dixital de CDTI (@CDTI_innovacion).