O CDTI Innovación busca unha empresa española para colaborar con Exipto nun proxecto tecnolóxico para a xestión de frotas de vehículos autónomos

A compañía exipcia Spime Sense Labs solicita a colaboración dunha empresa española que estea interesada en participar nun proxecto de desenvolvemento tecnolóxico orientado á xestión de frotas de vehículos autónomos

Búsqueda socios Egipto 14feb25
A convocatoria do Programa ESITIP permanecerá aberta ata o 26 de maio de 2025

Spime Sense Labs desenvolverá solucións na nube por medio as súas ferramentas IoT. A empresa española deberá levar a cabo aplicacións relacionadas cos vehículos autónomos e, para iso, deberá reunir os seguintes requisitos:

  • Ser fabricante de calquera tipo de vehículo autónomo ou manter unha estreita relación con provedores de vehículos autónomos que sexan flexibles para adaptar o protocolo de comunicación entre o vehículo e a plataforma.
  • Participar, preferiblemente, na etapa inicial do desenvolvemento tecnolóxico.
  • Tener acceso a unha área de proba controlada para realizar os ensaios de campo necesarios para a xestión das frotas.

 

Novena Convocatoria entre Exipto e España no marco do Programa ESITIP

El proxecto de colaboración tecnolóxica internacional que leve a cabo entre Spime Sense Labs  e a empresa española podería participar na 9ª Convocatoria entre Exipto e España no marco do Programa ESITIP que parmanecerá aberta ata o próximo 26 de maio.

En esta ligazón pode obter máis información sobre esta procura de socio.

 
Contactos

Para obter información adicional sobre o alcance técnico da proposta e o rol da empresa española, pode contactar con Bassem Boshra: Bassem.boshra@spimesenselabs.com, CEO de Spime Sense Labs.

Si desexa información específica e asesoramento sobre esta procura de socios e/ou sobre a convocatoria de proxectos de cooperación tecnolóxica internacional con Certificación e Seguimiento Unilateral, pode porse en contacto coa Oficina da Delegación de Norte de África e Oriente Medio do CDTI Innovación:

 

CDTI Innovación

O CDTI Innovación é a Axencia de Financiamento da Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas, canalizando as solicitudes de financiamento e apoio aos proxectos de I+D+i de entidades españolas nos ámbitos estatal e internacional. Contribuímos á mellora do nivel tecnolóxico das empresas españolas e impulsamos e, cunha rede internacional con cobertura de 51 países, acompañamos a participación española en programas internacionais de cooperación tecnolóxica e a transferencia internacional da súa tecnoloxía empresarial. O CDTI tamén apoia a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica en España.

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E. (CDTI) é unha entidade pública dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
 

Más información:

Oficina de Prensa
prensa@cdti.es
91-581.55.00

En Internet
Sitio web: www.cdti.es
En Linkedin: https://www.linkedin.com/company/29815
En X: https://twitter.com/CDTI_innovacion
En Youtube: https://www.youtube.com/user/cdtioficial

Este contido é copyright © 2025 CDTI,EPE. Está permitida a utilización e reprodución citando a fonte e a identidade dixital de CDTI (@CDTI_innovacion).