O CDTI Innovación informa as empresas españolas interesadas en participar na Chamada de Globalstar con Brasil

O próximo 20 de marzo, o CDTI Innovación e a axencia Financiadora de Estudos e Projetos (FINEP) de Brasil participarán nun webinario para presentar a Chamada de Globalstar (Eureka) que permancerá aberta ata o 16 de maio deste ano

 

Webinario Finep-CDTI
A cooperación tecnolóxica española con Brasil permite compartir sinerxias entre entidades de ambos os países

Durante esta sesión informativa en liña, técnicos do CDTI Innovacióne un representante de FINEP informarán as entidades  españolas que estean interesadas en presentar, a esta convocatoria, propostas de colaboración tecnolóxica con entidades brasileiras.

 

Apoio ás empresas españolas para a súa internacionalización

O CDTI Innovación é un Axente de financiamento do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación no ámbito da Administración Xeral do Estado. Entre as súas funcións, xestiona os programas ou instrumentos que lle son asignados polo Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica, fundamentalmente no marco do I+D+i empresarial.

Este organismo promove a participación española no Programa Horizonte Europa e en iniciativas Multilaterais internacionais de cooperación tecnolóxica como son Eureka e Iberoeka. Tamén desenvolve programas Bilaterais  con terceiros países e presta apoio in situ a empresas innovadoras españolas través da súa Rede Exterior. 

A participación en programas de cooperación tecnolóxica internacional posibilita ás compañías españolas colaborar con entidades doutros países e desenvolver proxectos en diferentes áreas tecnolóxicas.

 

Chamada CDTI-FINEP 2024 

Aquelas empresas españolas que estean interesadas en participar nesta Chamada poderán presentar a súa solicitude de proxectos de I+D ata o próximo 16 de maio deste ano ás 22.00 h CET.

 

CDTI Innovación

O CDTI Innovación é a Axencia de Financiamento da Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas, canalizando as solicitudes de financiamento e apoio aos proxectos de I+D+i de entidades españolas nos ámbitos estatal e internacional. Contribuímos á mellora do nivel tecnolóxico das empresas españolas e impulsamos e, cunha rede internacional con cobertura de 51 países, acompañamos a participación española en programas internacionais de cooperación tecnolóxica e a transferencia internacional da súa tecnoloxía empresarial. O CDTI tamén apoia a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica en España.
 
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E. (CDTI) é unha entidade pública dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
 


Máis información:

Oficina de Prensa
prensa@cdti.es
91-581.55.00

En Internet
Sitio web: www.cdti.es
En Linkedin: https://www.linkedin.com/company/29815
En X: https://twitter.com/CDTI_innovacion
En Youtube: https://www.youtube.com/user/cdtioficial

Este contido é copyright © 2024 CDTI,EPE. Está permitida a utilización e reprodución citando a fonte e a identidade dixital de CDTI (@CDTI_innovacion).