O CDTI Innovación participa en xornada sobre descarbonización da industria aeronáutica

O CDTI Innovación participará, o próximo 16 de xaneiro, nunha xornada informativa sobre as tecnoloxías actualmente en desenvolvemento para a descarbonización no sector aeronáutico. Usuarios finais, grandes empresas tractoras, pemes innovadoras e organismos de investigación mostrarán os seus avances naquelas tecnoloxías para avións así como outras relacionadas co hidróxeno, electrificación e hibridación e combustibles SAF

 

 

DescarbonizaciónJornada
A industria aeronáutica está a realizar grandes avances para mellorar a eficiencia das aeronaves e reducir as emisións

En concreteo, vanse a presentar as tecnoloxías que se están desenvolvendo para afrontar os retos que expón a descarbonización na industria aeronáutica co obxectivo de alcanzar a neutralidade climática no ano 2050. 

A través da posta en común e a colaboración entre os diferentes actores que participan nas distintas etapas do I+D+i preténdese fomentar novas ideas e proxectos innovadores que axuden a conseguir este obxectivo. 

Nesta ligazón pode descargarse a axenda desta xornada. 

O evento foi organizado polo CDTI Innovación e a Plataforma Tecnolóxica Aeroespacial Española

 

 

CDTI Innovación

O CDTI Innovación é a Axencia de Financiamento da Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas, canalizando as solicitudes de financiamento e apoio aos proxectos de I+D+i de entidades españolas nos ámbitos estatal e internacional. Contribuímos á mellora do nivel tecnolóxico das empresas españolas e impulsamos e, cunha rede internacional con cobertura de 51 países, acompañamos a participación española en programas internacionais de cooperación tecnolóxica e a transferencia internacional da súa tecnoloxía empresarial. O CDTI tamén apoia a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica en España.
 
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E. (CDTI) é unha entidade pública dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

 

Máis información:

Oficina de Prensa
prensa@cdti.es
91-581.55.00

En Internet
Sitio web: www.cdti.es
En Linkedin: https://www.linkedin.com/company/29815
En X: https://twitter.com/CDTI_innovacion
En Youtube: https://www.youtube.com/user/cdtioficial