TRANSPARENCIA - CONTRATOS VIXENTES

En consonancia co establecido no artigo 63 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, o CDTI publica nesta páxina web o seu perfil de contratante, co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e no que se incluirá a información pertinente.

EVALUACION

Entidade contratante. Natureza Xurídica

O CDTI é unha Entidade Pública Empresarial, encargada da xestión e o desenvolvemento da política de innovación tecnolóxica do Ministerio de Ciencia e Innovación. Réxese polo seu Regulamento aprobado mediante o Real Decreto 1406/1986, do 6 de xuño.

Para os efectos do disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, o CDTI é un poder adxudicador, Administración Pública.

Detalle de contratación anual do CDTI

O detalle da contratación anual de produtos e servizos que realiza o CDTI para o seu funcionamento pode consultarse no Informe de obrigas económico-financeiras de entidades públicas.

En cumprimento do artigo 347 da Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público, o perfil de contratante do CDTI publícase na Plataforma de Contratación do Estado, a través do cal se fai pública toda a información relativa ás licitacións do Centro.