Informes motivados

informes motivados

O 13 de xaneiro de 2007 publicouse no BOE o Real Decreto 2/2007, polo que se modifica o Real Decreto 1432/2003 do 21 de novembro, polo que se regula a emisión de informes motivados vinculantes para a Administración Tributaria en materia de I+D+i. Este Real Decreto habilita ao CDTI como órgano competente para emitir informes motivados vinculantes dos proxectos que financie (*).

Estes informes outorgan ás empresas unha maior seguridade xurídica á hora de deducir os gastos en investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica realizados nos proxectos apoiados polo CDTI. Así, o CDTI cumpre a dobre función de financiar un proxecto e de acreditalo para acceder ás deducións fiscais por actividades de I+D+i.

O CDTI emitirá un informe motivado vinculante no que se certifica o contido «ex-ante» en actividades de I+D+i, tal como se define na Lei do Imposto sobre Sociedades, así como a coherencia dos gastos orzamentados para a realización das actividades de I+D+i consideradas no informe.

Realizarase un único informe para toda a duración do proxecto. No caso dos proxectos en cooperación, emitirase un informe por cada un dos socios do consorcio.

En virtude da Orde ECC/2326/2015 do 30 de outubro, a solicitude destes informes débese cursar electronicamente. A empresa realizará a solicitude a través da súa área privada na sede electrónica do CDTI. Esta Orde supón a adaptación deste procedemento ás novidades e melloras que ofrece a tramitación electrónica para as empresas.

O prazo máximo para a emisión destes informes será de 3 meses e o efecto do silencio será negativo, de acordo co disposto no Real Decreto 1432/2003 do 21 de novembro.

(*) A emisión dos informes motivados non se aplica ás liñas de financiamento que non se encontren incluídas no concepto de I+D+i definido na Lei do Imposto de Sociedades.

Red PIDI
Servicio de asesoramiento personalizado
"Ningún proyecto innovador sin ayuda"
Tel.: 900 923 122
https://www.redpidi.es