O CDTI Innovación participa na XVIII Asemblea da Plataforma Tecnolóxica Ferroviaria Española
Con motivo da conmemoración dos 175 anos do ferrocarril en España, o próximo 24 de outubro celebrarase a XVIII Asemblea da Plataforma Tecnolóxica Ferroviaria Española na que intervirán expertos e representantes vinculados con este sector e a innovación empresarial
A Plataforma Tecnolóxica Ferroviaria Española (PTFE) é unha ferramenta ao servizo do sector ferroviario, liderada pola industria, para definir a 'visión a longo prazo' e a 'Axenda Estratéxica de Investigación', co obxectivo de conseguir os avances científicos e tecnolóxicos que aseguren a competitividade, a sustentabilidade e o crecemento do ferrocarril español. A súa misión principal é aliñar as estratexias dos diferentes axentes, concentrar os esforzos de I+D+i e reducir a fragmentación no espazo da investigación.
Este evento, que se celebrará na sede da Fundación dos Ferrocarrís Españois de Madrid, contará cunha serie de conferencias inaugurais nas que participarán Javier Ponce, Director Xeral do CDTI Innovación, Giorgio Travaini, Director Xeral de Europe’s Rail, Manel Villalante, Director Xeral de Estratexia e Desenvolvemento de Renfe e Luís López, Director de Estratexia Empresarial de Adif.
A xornada desenvolverase en catro paneis:
- Fitos alcanzados e plan de traballo no período 2023-2024.
- Posicionamento no contexto do I+D+i europea.
- Proxectos e retos no sector ferroviario: audacia para a innovación.
- Talento e innovación no ferrocaril. Necesidades reais do sector.
Nesta ligazón pode descargarse o programa do evento.
Máis información en: https://www.ptferroviaria.es/presentacion.asp
CDTI Innovación
O CDTI Innovación é a Axencia do Ministerio de Ciencia e Innovación que apoia a innovación baseada no coñecemento, asesorando e ofrecendo financiamento público para a innovación a través de subvencións ou axudas parcialmente reembolsables para proxectos de innovación e xestionando proxectos de compra pública precomercial. A través da iniciativa Innvierte Economía Sustentable, ademais, o CDTI Innovación apoia e facilita a capitalización de empresas tecnolóxicas.
O CDTI Innovación tamén facilita a internacionalización de proxectos empresariais de I + D e innovación de empresas e entidades españolas e xestiona a participación de empresas españolas en organismos internacionais de I + D, como Horizonte Europa e Eureka, e nas industrias da Ciencia e o Espazo.
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E. (CDTI) é unha entidade pública dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Máis información:
Oficina de Prensa
prensa@cdti.es
91-581.55.00
En Internet
Sitio web: www.cdti.es
En Linkedin: https://www.linkedin.com/company/29815
En Twitter: https://twitter.com/CDTI_innovacion
En Youtube: https://www.youtube.com/user/cdtioficial