O CDTI Innovación difunde a Consulta Preliminar de Mercado sobre detectores SPADs avanzados para a observación astronómica
O pasado 21 de marzo publicouse, na Plataforma de Contratación do Sector Público (PLACSP), a Resolución da convocatoria da Consulta Preliminar do Mercado (CPM) para coñecer o grao de desenvolvemento de detectores SPADs avanzados para a observación astronómica que permanecerá aberta ata o 21 de abril de 2025

Obxecto e Bases da Convocatoria
O obxectivo desta Consulta Preliminar de Mercado é solicitar a información necesaria sobre o grao de desenvolvemento da tecnoloxía neste campo. Ademais, isto permitirá o desenvolvemento da futura licitación de servizos I+D e promover a participación de operadores económicos activos no mercado para que presenten propostas innovadoras destinadas a dar respostas ao reto tecnolóxico exposto.
Nesta ligazón pode obter información detallada da Resolución.
Aquelas entidades que estean intertesadas en participar nesta Consulta Preliminar deben cubrir o Anexo II e envialo en formato Pdf á dirección: ocpi@cdti.es. Esta será a única vía de comunicación co CDTI Innovación.
Presentación de ofertas
O prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 21/04/2025 ás 23:59 h.
Esta iniciativa é cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2021-2027
Xornadas informativas
Os próximos días 28 de marzo e 7 de abril, o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E. (CDTI) e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) organizan, conxuntamente, unha Xornada Institucional e unha Xornada Técnica para presentar esta Consulta Preliminar de Mercado cuxo obxectivo é:
- Obter información dos operadores de mercado nas tecnoloxías de deseño e fabricación de detectores SPADs para poder definir adecuadamente a potencial futura licitación de Compra Pública Precomercial (CPP), e
- Informar convenientemente os operadores económicos dos plans do órgano de contratación e requisitos que se esixirán na potencial futura licitación de CPP.
Nesta ligazón pode obter información detallada sobre ambas as xornadas e formalizar a inscrición.
A xornada do próximo día 28 de marzo realizarase por TEAMS, de 10.00 h a 12.00 horas.
Contacto: ocpi@cdti.es
CDTI Innovación
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, CDTI E.P.E. é unha empresa pública dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, cuxo obxectivo é a promoción da innovación tecnolóxica no ámbito empresarial. A misión do CDTI é conseguir que o tecido empresarial español xere e transforme o coñecemento científico-técnico en crecemento globalmente competitivo, sustentable e inclusivo. En 2024, no marco dun novo plan estratéxico, o CDTI proporcionou máis de 2.300 millóns de euros de apoio a empresas e startups españolas.
Máis información:
Oficina de Prensa
prensa@cdti.es
91-581.55.00
En Internet
Sitio web: www.cdti.es
En Linkedin: https://www.linkedin.com/company/29815
En X: https://twitter.com/CDTI_innovacion
En Youtube: https://www.youtube.com/user/cdtioficial
Este contido é copyright © 2025 CDTI,EPE. Está permitida a utilización e reprodución citando a fonte e a identidade dixital de CDTI (@CDTI_innovacion).