Guía para a colaboración con México en I+D+i
Análise da situación tecnolóxica e diferenzas respecto dos países da súa contorna.
México aparece como un país de grandes contrastes. Baixo a súa aparente uniformidade coexisten moitos “Méxicos” distintos, con diferentes ritmos de desenvolvemento e orientación, unha situación que se acentuou nos últimos anos pola apertura que sufriu o país. Este estudo analiza a súa situación desde o punto de vista tecnolóxico e as súas diferenzas con respecto a outros países da súa contorna.