O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades abre nova convocatoria de axudas dos PERTE Aeroespacial e Saúde de Vangarda con ata 513 millóns de euros en axudas parcialmente reembolsables
- A convocatoria destina ata 273 millóns para o sector sanitario e ata 240 millóns para o sector espacial en axudas parcialmente reembolsables para proxectos de I+D e de innovación
- Ata 100 millóns de euros do total de orzamento dispoñible poden corresponder a tramo non reembolsable, equivalente a subvención
- As axudas concedidas nesta convocatoria contan coa posibilidade de minoración ou exención de garantías e de anticipos á sinatura dos contratos
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades acaba de abrir nova convocatoria para proxectos de I+D e innovación dos PERTE Saúde de Vangarda, cun orzamento de ata 273 millóns, e Aeroespacial, cun orzamento de ata 240 millóns. Do total de 513 millóns dispoñibles para esta convocatoria de axudas, que é xestionada polo CDTI e está vinculada á Adenda do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia recentemente aprobada pola Comisión Europea o 2 de outubro de 2023, ata 100 millóns poderán corresponder a tramo non reembolsable ou subvención equivalente, dependendo do volume total de axudas solicitadas.
Esta actuación, financiada con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e aliñada cos obxectivos establecidos para os PERTE polo Consello de Ministros en 2021 e 2022, está enfocada no desenvolvemento de actividades de I+D+i, escalado, industrial, modernización e actualización de procesos de fabricación, dixitalización e actualización tecnolóxica, desenvolvemento e implantación de procesos sustentables, no contexto de novas formas de colaboración público-privada que resultan claves para a execución dos proxectos considerados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e cuxo perfil é de gran capacidade de tracción e arrastre para o crecemento económico, o emprego e a competitividade da economía española. Todos os proxectos individuais que soliciten as axudas deben concluír antes do 31 de decembro de 2025.
En concreto, os obxectivos específicos son:
- Saúde de vangarda: mellorar a saúde da poboación española mediante o coñecemento científico, a innovación sanitaria de vangarda e os datos como vectores de transformación.
- Aeroespacial: converter á industria española en actor crave ante os retos e oportunidades asociados ás grandes transformacións previstas a curto e medio prazo no mercado estratéxico espacial global.
Elixibilidade das axudas
Saúde de Vangarda:
Enténdese por saúde de vangarda a promoción e protección da saúde mediante o desenvolvemento e incorporación de produtos, procedementos innovadores e solucións dixitais que engaden valor na prevención, diagnóstico, tratamento ou rehabilitación dos pacientes de forma personalizada.
Consideraranse elegibles os proxectos de I+D e innovación tecnolóxica cuxo obxectivo implique atender unha clara necesidade, tanto técnica como asistencial, no ámbito do diagnóstico, tratamento, rehabilitación e monitorización de patoloxías de calquera área terapéutica, cuxo contido supoña un salto tecnolóxico significativo e que observen prioritariamente:
- O Impulso do medicamento personalizado de precisión.
- O desenvolvemento de terapias avanzadas e outros fármacos innovadores.
- A mellora da prevención, diagnóstico, tratamento, rehabilitación e investigación orientada á saúde, baseada na recollida, tratamento, análise e explotación de datos.
- La transformación digital de la asistencia sanitaria en condiciones de ciberseguridad.
Aeroespacial:
Considérase do ámbito aeroespacial todo o relativo ao deseño, desenvolvemento, fabricación, operación e mantemento de aeronaves tripuladas e non tripuladas, vehículos espaciais e sistemas de propulsión, así como a correspondente infraestrutura necesaria para a súa operación e para levar a cabo tarefas de experimentación e ensaio nas súas fases de desenvolvemento e o desenvolvemento de servizos comerciais directamente relacionados coa aeronáutica e a infraestrutura espacial.
Consideraranse elegibles os proxectos de I+D e innovación tecnolóxica cuxo obxectivos e contidos observen prioritariamente:
- Investigacións e desenvolvementos dirixidos a aumentar a eficiencia das aeronaves e reducir significativamente as emisións contaminantes do transporte aéreo, incluíndo infraestrutura aeroportuaria e sistemas para a navegación aérea que faciliten un tráfico aéreo máis eficiente.
- Novos desenvolvementos de aeronaves non tripuladas e infraestrutura necesaria de software e hardware para a súa operación segura no espazo aéreo compartido.
- Sistemas e quipos embarcados.
- Deseño de cargas útiles relacionadas co control ambiental, as comunicacións cuánticas e a seguridade en cooperación internacional.
- Reforzo das capacidades tecnolóxicas españolas para o uso comercial do espazo (incluíndo New Space).
- Sustentabilidade, dixitalización e innovación da industria aeroespacial, incluíndo sistemas innovadores de mantemento, como a análise predictivo e monitorización en tempo real.
- Proyectos de I+D en este ámbito, cuyo contenido suponga un salto tecnológico significativo o un incremento de la capacidad tecnológica de la empresa.
Perfil das axudas
- Tipoloxía:
- Proxectos individuais de I+D: de carácter aplicado para a creación ou mellora significativa dun proceso produtivo, produto ou servizo e poden comprender tanto actividades de investigación industrial como de desenvolvemento experimental.
- Proxectos individuais de innovación: apoian á empresa na mellora da súa competitividade mediante a incorporación de tecnoloxías emerxentes e o obxectivo é potenciar a innovación en determinadas rexións españolas.
- Beneficiarios: empresas
- Orzamento mínimo financiable: 175.000 euros
- Orzamento máximo:
- Proxectos individuais de I+D: sen máximo
- Proxectos individuais de innovación: 30 millóns de euros
- Duración mínima:
- Proxectos individuais de I+D: 12 meses
- Proxectos individuais de innovación: entre 9 e 24 meses
- Finalización: antes do 31 de decembro de 2025
- Cobertura % do orzamento do proxecto:
- Proxectos individuais de I+D: 90% do orzamento
- Proxectos individuais de innovación: 75% do orzamento
- Contribución mínima da entidade beneficiaria:
- Proxectos individuais de I+D: 10% do orzamento
- Proxectos individuais de innovación: 25% do orzamento
- Tipo de xuro:
- Proxectos individuais de I+D: Euribor a 1 ano
- Proxectos individuais de innovación: Euribor a 1 ano + 0,75%
- Amortización:
- Proxectos individuais de I+D: 15 anos
- Proxectos individuais de innovación: 10 anos
- Carencia: 2 anos
- Posibilidade de minoración ou exención de garantías e de anticipos.
O financiamento concedido polo CDTI realízase con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), polo que os proxectos deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao medioambiente (principio DNSH: Do Not Significant Harm) mediante o cumprimento de condicións específicas relativas a mitigación e adaptación ao cambio climático, utilización e protección sustentable dos recursos hídricos e mariños, transición a unha economía circular, prevención e control da contaminación e protección e restauración da biodiversidade e os ecosistemas.
Solicitude das axudas
Convocatoria continua aberta a partir do 4 de decembro de 2023 a través da sede electrónica do CDTI en:
https://sede.cdti.gob.es
Información completa sobre as características da convocatoria en portal web CDTI: https://www.cdti.es/proyectos-pertes
O CDTI Innovación
O CDTI Innovación é a Axencia de Financiamento da Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas, canalizando as solicitudes de financiamento e apoio aos proxectos de I+D+i de entidades españolas nos ámbitos estatal e internacional. Contribuímos á mellora do nivel tecnolóxico das empresas españolas e impulsamos e, cunha rede internacional con cobertura de 51 países, acompañamos a participación española en programas internacionais de cooperación tecnolóxica e a transferencia internacional da súa tecnoloxía empresarial. O CDTI tamén apoia a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica en España.
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E. (CDTI) é unha entidade pública dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Máis información:
Oficina de Prensa
prensa@cdti.es
91-581.55.00
En Internet
Sitio web: www.cdti.es
En Linkedin: https://www.linkedin.com/company/29815
En X: https://twitter.com/CDTI_innovacion
En Youtube: https://www.youtube.com/user/cdtioficial