O Programa Tecnolóxico Aeronáutico (PTA) do Programa Estatal para Catalizar a Innovación e o Liderado Empresarial do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023 ten por obxectivo o financiamento de iniciativas estratéxicas intensivas en I+D realizadas por unha agrupación de empresas que teñan como obxectivo contribuír ao desenvolvemento de tecnoloxías relevantes de aplicación no ámbito aeronáutico.
De forma máis concreta, perséguese reducir significativamente o impacto ambiental nas tecnoloxías aeronáuticas, aumentando a eficiencia das futuras aeronaves e reducindo as emisións contaminantes do transporte aéreo; sen esquecer outros retos tecnolóxicos estratéxicos como sistemas, UAS ou fabricación intelixente e avanzada.
Esta convocatoria encóntrase incluída entre as actuacións previstas no Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que recibirá o financiamento dos fondos «Next Generation EU», entre eles, o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
Os proxectos deberán encadrarse nalgún dos retos tecnolóxicos identificados:
- Tecnoloxías enfocadas á redución de emisións: avión cero emisións
- UAS
- Sistemas
- Fabricación intelixente e avanzada: Dixitalización