Funcións

EVALUACION

O CDTI-E.P.E. é unha Entidade Pública Empresarial dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas. É a entidade que canaliza as solicitudes de axuda e apoio aos proxectos de I+D+i de empresas españolas nos ámbitos estatal e internacional. Polo tanto, o obxectivo do CDTI é contribuír á mellora do nivel tecnolóxico das empresas españolas mediante o desenvolvemento das seguintes actividades:

  • Avaliación técnico-económica e concesión de axudas públicas á innovación mediante subvencións ou axudas parcialmente reembolsables a proxectos de I+D desenvolvidos por empresas.
  • Xestión e promoción da participación española en programas internacionais de cooperación tecnolóxica.
  • Promoción da transferencia internacional de tecnoloxía empresarial e dos servizos de apoio á innovación tecnolóxica.
  • Apoio á creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica.

O groso da infraestrutura do CDTI está en Madrid, mais pon a disposición das empresas españolas unha estratéxica rede de oficinas ou representantes no exterior (Xapón: SBTO (Spain Business and Technology Office), Bélxica: SOST (Spain Office of Science and Technology) e Secretariado Permanente de Eureka, Brasil: FINEP (Financiadora de Estudos e Projetos), Corea, Chile, Marrocos, China, India, México e EE. UU.) para apoialas nas súas actividades tecnolóxicas de tipo internacional.

Funcións do CDTI

O CDTI réxese polo dereito privado nas súas relacións con terceiros. Isto permítelle ofrecer as empresas axilidade e flexibilidade nos seus servizos de apoio ao desenvolvemento de proxectos empresariais de I+D, á explotación internacional de tecnoloxías desenvolvidas pola empresa e á realización de ofertas para subministracións tecnolóxico-industriais a organizacións científicas e tecnolóxicas.

En consecuencia, o CDTI concede á empresa axudas económicas propias e facilita o acceso ás de terceiros (Subvencións do Programa Marco de I+D da UE, por exemplo) para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento tanto nacionais coma internacionais.

Así mesmo, presta apoio á empresa para realizar desenvolvementos en cooperación internacional, para o que ofrece axudas a proxectos de innovación e transferencia de tecnoloxía, a súa rede exterior e os proxectos de cooperación multilaterais (Eureka e Iberoeka) e bilaterais con Canadá, Xapón, China, Corea do Sur, India e Suráfrica.

Adicionalmente, o CDTI foi habilitado como órgano competente para emitir informes motivados vinculantes dos proxectos aos que concedese axudas en calquera das súas liñas (Real Decreto 2/2007). Estes documentos proporcionarán ás empresas españolas que teñan un proxecto aprobado e con axudas públicas concedidas polo CDTI unha maior seguridade xurídica á hora de obter desgravacións fiscais polos gastos realizados nas actividades de I+D dos devanditos proxectos. 

Finalmente,o CDTI xestiona e apoia a consecución, por parte de empresas españolas, de contratos industriais de alto contido tecnolóxico xerados por diferentes organizacións nacionais e europeas, como o Laboratorio Europeo para a Física de Partículas (CERN), o Sincrotrón Europeo (ESRF) ou o Observatorio Europeo Austral (ESO), entre outras.