Aplicacións de vixilancia e salvamento marítimo
A iniciativa de Compra Pública de Innovación de Aplicaciónsde vixilancia e salvamento marítimo fai referencia á contratación precomercial de servizos de I+D para o desenvolvemento dunha aplicación que, baseada en algoritmos de Intelixencia Artificial, realice as tarefas de detección, identificación e clasificación de embarcacións a partir de imaxes satélite e proporcione un sistema de axuda á toma de decisión en tempo real.
Necesidade exposta por unha Administración Pública
O conxunto de actividades relacionadas coa vixilancia marítima inclúe unha gran cantidade de tarefas, entre as que se inclúe o control do tráfico marítimo, a detección de actividades ilegais, a monitorización de áreas de interese, a identificación e o seguimento de embarcacións, e todas as relacionadas co salvamento marítimo.
Utilizar a información dispoñible de satélites de observación da Terra para realizar esa vixilancia é unha oportunidade que non pode ser desperdiciada. Ademais, as técnicas baseadas en intelixencia artificial, grazas á súa axilidade na automatización de actividades repetitivas e á facilidade para recoñecer patróns predefinidos, poden facilitar as tarefas de vixilancia marítima e a toma de decisións asociadas.
Administración pública usuaria
O reto tecnolóxico exposto
O principal reto desta actividade é a creación dun Sistema de Información que integre información satelital de alta e moi alta resolución proporcionada por satélites SAR e/ou medios ópticos V/IR, e que a partir do desenvolvemento de algoritmos de Intelixencia Artificial, facilite as tarefas de detección, identificación e clasificación de embarcacións, e a toma de decisións asociadas, en tempo case real.
O sistema debe integrar datos do sistema marítimo AIS (Automatic Identification System), así como outros datos de fontes abertas, tales como os proporcionados gratuitamente polo sistema Copernicus, o servizo atmosférico (AEMET, EUMETSAT), o European Marine Observation and data Nerwork (EOMDnet), ou os que proporciona Portos do Estado.
A fusión da información sobre o elemento detectado, identificado e clasificado xunto con outro tipo de información (geolocalización, misións en curso, étc) contextualizará e facilitará distintos labores levados a cabo na contorna marítima.
Número de expediente: CPP 11/2023 AB (DX/OCIE)
Os fitos da iniciativa Aplicacións de vixilancia e salvamento marítimo son os seguintes:
- Formalización de contrato - Publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público a formalización dos contratos da CPP das Aplicacións de Vixilancia e Salvamento Marítimo - [12 de abril de 2024]
- Adxudicación - Publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público a adxudicación dos contratos da CPP das Aplicacións de Vixilancia e Salvamento Marítimo - [1 de abril de 2024]
- Licitación - Publícase na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación da Compra Pública Precomercial das Aplicacións de vixilancia e salvamento marítimo: Licitación da CPP - [12 de novembro de 2023]
- Informe de conclusións da CPM - Publícase na Plataforma de Contratación do Sector Público o informe de conclusións da Consulta Preliminar do Mercado para coñecer o grao de desenvolvemento da tecnoloxía no ámbito de observación da Terra por satélite no marco do PRTR: Informe de conclusións da CPM - [16 de xuño de 2023]
- Xornada de presentación da CPM - Celébrase, en formato en liña, unha xornada de presentación da Consulta Preliminar do Mercado das Aplicacións de vixilancia e salvamento marítimo: Axenda e presentacións da xornada - [19 de xaneiro de 2023]
- Convocatoria da Consulta Preliminar do Mercado - Publícase na Plataforma de Contratación do Sector Público (PLACSP), a resolución asinada polo Director Xeral do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), E.P.E. da convocatoria da Consulta Preliminar do Mercado (CPM) para coñecer o grao de desenvolvemento da tecnoloxía no ámbito de observación da Terra por satélite no marco do PRTR: Resolución da CPM no ámbito da observación da Terra por satélite - [23 de decembro de 2022]
Esta iniciativa está financiada con fondos procedentes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.